Subvencións destinadas á renovación total ou parcial de ascensores
Plan Renove ascensores
ORDE do 27 de xaneiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións destinadas á renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia (Plan Renove de ascensores), e se convocan para o ano 2017 (código do procedemento IN532A). (DOG nº 45 do 6/03/2017)
Obxecto
Incentivar a renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Estes investimentos en renovación de ascensores deberán permitir unha redución anual, cando menos, do 35 % no uso da enerxía convencional ou un incremento xustificable na seguridade.
Gastos subvencionables
Custos en equipamentos, materiais, obra civil, man de obra e os impostos indirectos asociados para a reforma e posta en servizo do ascensor, de xeito que este quede operativo. Estes gastos deberán corresponder de maneira indubitativa coas actuacións subvencionables.
Os gastos subvencionables deberán ser ofertados, presupostados, realizados e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro de 2017 e a data límite establecida para a presentación da documentación xustificativa da subvención (15 de novembro de 2017).
Non se considerarán subvencionables as actuacións cun investimento inferior a 5.000 euros por ascensor.
Contía
O importe da axuda será dun 50 % do investimento subvencionable por ascensor pero en ningún caso, baixo esta convocatoria, poderá concederse unha subvención superior a 10.000 euros por ascensor e 20.000 euros por comunidade.
Beneficiarios
Comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia e legalmente constituídas de acordo cos artigos 2º e 5º da Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal, sempre que nelas concorran as circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e estean ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
Documentación
Solicitude | Presentación electrónica na sede
Documentación xurídico-administrativa da comunidade solicitante:
- NIF da comunidade de propietarios en vigor (non será necesaria a súa compulsa cando conteña o código seguro de verificación que cumpra co disposto no artigo 18º.1.b) da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos electrónicos).
- Acta onde conste o nomeamento do presidente ou certificado expedido polo secretario da comunidade referente a este aspecto.
- Acta onde conste o acordo da xunta de propietarios, coa maioría legalmente establecida, para solicitar a subvención ou certificado expedido polo secretario da comunidade referente a este aspecto. No caso de que o solicitante denegase expresamente a autorización ao órgano xestor, certificacións expedidas polos organismos competentes acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
Documentación xustificativa dos investimentos:
- Memoria descritiva das actuacións subvencionables realizada pola empresa mantedora/conservadora na cal se xustifiquen os aforros enerxéticos ou o incremento da seguridade.
- Orzamento desagregado e detallado dos investimentos.
- Cando resulte de aplicación,copia das tres ofertas solicitadas e, en caso de non se optar pola máis vantaxosa, memoria xustificativa da elección. No caso de non presentar as ofertas por concorrer algunha das circunstancias indicadas na citada base, deberase indicar o motivo.
Prazo de presentación de solicitude
Tres meses contados desde o día seguinte ao da publicación da orde. Ata o 8 de maio de 2017, por ser o día 6 inhábil.
Máis información
Consellería de Economía, Emprego e Industria. Dirección Xeral de Enerxía e Minas, a través dos seguintes medios:
- Páxina web oficial da consellería: http://ceei.xunta.gal
- O teléfono da devandita dirección xeral: 981 95 71 87 ou 981 54 55 72,
- O enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.,
Máis información: Servizos Sociais Curtis. Telf. 981 789 003