Aberta a 1ª fase de presentación de solicitudes do Programa de Turismo do Imserso 2017-2018
Aberta a 1ª fase de presentación de solicitudes do Programa de Turismo do Imserso 2017-2018: do 9 de maio ao 7 de xuño de 2017.
Solicitantes:
Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
- Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións.
- Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.
- Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
- Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.
Deberán valerse por si mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
Poderán participar o cónxuxe ou parella de feito sen necesidade de que éstos reúnan os requisitos de idade ou pensión.
Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao igual ou superior ao 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do fillo/a e achegar fotocopia do certificado de discapacidade.
Modalidades:
Ofértanse distintas modalidades para que os maiores poidan gozar dunhas vacacións no período comprendido entre os meses de outubro de 2017 e xuño de 2018, segundo a modalidade:
- Zona Costeira Peninsular: Andalucía, Catalunya, Comunitat Valenciana e Murcia.
- Zona Costeira Insular: Canarias e Illes Balears.
- Turismo de Interior, coas seguentes actividades:
- Circuitos Culturais.
- Turismo de Natureza.
- Viaxes a Capitais de Provincia.
- Viaxes ás cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.
Servizos incluídos:
- Viaxe ida e volta desde a súa capital de provincia ata o hotel de destino e regreso, agás para a modalidade de viaxes sen transporte e viaxes a capitais de provincia.
- Aloxamento en réxime de pensión completa en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo IMSERSO. Contémplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas.
- Servizo médico, complementario ao da Seguridade Social, no propio hotel.
- Programa de animación.
- Póliza colectiva de seguros.
Nas viaxes Culturais e Turismo de Natureza, dadas as súas especiais características non se inclúen os servizos médicos e programa de animación.
As viaxes a capitais de provincia serán en réxime de media pensión e sen transporte.
Prezos por persoa das diferentes quendas:
A previsión de prezos para a tempada 2017/2018 é a seguinte:
- Estes prezos inclúen o aloxamento en pensión completa e en cuarto dobre a compartir.
No caso de aloxamento en cuarto individual estes prezos teñen un incremento de 15 € por noite para os destinos de Península e Baleares, 17 € por noite para Canarias e 19 € para Turismo Interior. - As quendas de Nadal e Fin de ano teñen un suplemento de 21 €
Temporada baixa: As quendas que se inicien dentro dos días do 1 ao 17 de decembro e do 1 ao 31 de xaneiro
Temporada alta: Quendas que se inicien en datas distintas ás anteriores.
Viaxes Culturais: Consisten na realización de roteiros turístico-culturais en réxime de pensión completa, con servizos permanentes de guía especializado. Os circuítos desenvolveranse en zonas de marcado interese cultural do interior da península e cornixa cantábrica.
Turismo de natureza: Realizaranse en quendas en zonas de espazos naturais que permitan actividades recreativas e contemplativas, así como realizar un turismo activo de esforzo moderado. Cada provincia de orixe contará cun destino en Turismo de Natureza.
Solicitude de praza:
Se a pasada tempada persoa solicitante estaba acreditada para viaxar, non é necesario que cumprimente nova solicitude, xa que o Imserso dispón de todos os seus datos.
Se accede por primeira vez ao Programa de Vacacións ou renova a súa participación tras un período inactivo, deberá formalizar a solicitude.
Recoméndase realizar a solicitude "en liña" xa que o proceso é moito máis rápido e permite estar acreditado case de maneira inmediata.
A solicitude servirá para obter a sua acreditación que lle permitirá acceder ás prazas do Programa e incluílo na Base de Datos de Acreditados onde permanecerá de maneira permanente ata que comunique o contrario ao IMSERSO.
Unha vez procesadas todas as solicitudes recibidas no prazo sinalado, o Imserso acreditará a tantos usuarios como prazas dispoñibles existan, e procederase, en caso necesario, a aplicar a baremación correspondente, relativa a idade, ingresos e viaxes realizadas con anterioridade.
- No mes de setembro de 2017 todas as persoas solicitantes recibirán unha notificación na que se lles indicará:
- Data na que poden obter os billetes, con garantía de praza, debendo elixir a súa viaxe dentro das dispoñibilidades existentes.
Para aqueles que unha vez baremados non teñan garantía de praza, notificaráselles a data a partir da cal poderán dirixirse á Axencia de Viaxes por se houbese vacantes para calquera dos destinos ou datas.
Documentación:
- Solicitude telemática. Consulta de trámites (cumprimentación vía web)
- Solicitude manual (pdf)
Suprímese a esixencia de achegar a fotocopia do DNI xunto coa solicitude, con independencia que o mesmo será exixible no momento da reserva das viaxes e ao comezo dos mesmos.
Elixirase un destino como máximo por cada unha das opcións (A e B) marcando con un 1 a opción desexada en primeiro lugar e con un 2 a segunda.
Non é necesario que a filla ou fillo con discapacidade formule solicitude independente, chegará con cumprimentar o apartado correspondente na dos seus pais.
Só é posible a unión de solicitudes entre solicitantes dunha mesma provincia de orixe, debendo ter en conta nestes casos que os destinos elixidos e a orde de prioridade deben ser exactamente iguais en ambas as solicitudes.
No caso de que o número de solicitantes sexa superior ao número de prazas do Programa o IMSERSO aplicará uns criterios de selección, tendo en conta as seguintes condicións:
- Idade da/do solicitante (no caso de matrimonio aplicarase a media)
- Contía da pensión.
- Ter viaxado en tempadas anteriores.
- Condición de familia numerosa.
Lugar de presentación:
A través da Sede Electrónica do Imserso
Servizos Sociais CONCELLO DE CURTIS
Prazo de presentación:
Ata o 7 de xuño de 2017.
Concluida esta primera fase, o plazo de presentación de solicitudes manterase aberto a partir do 8 de xuño de 2017, rematando o luns 26 de febreiro de 2018, para cubrir as posibles vacantes que se puidesen producir.