Actividades para emprendedores
Desde o departamento de Orientación Laboral do Concello de Curtis informan destas xornadas destinadas a emprendedores/as:
Entrepreneurs Startup Café
Con motivo da Startup Europe Week e do Día Internacional da Muller, a Deputación da Coruña organiza o evento “Entrepreneurs Startup Café”, enmarcado dentro da liña 4 do Plan de Emprego Local (PEL), que se celebrará o vindero 7 de marzo ás 10:00 horas no salón Cunqueiro do hotel NH A Coruña Atlántico, avenida do Porto da Coruña, 4.
Neste evento gratuíto 30 emprendedoras e emprendedores da provincia recibirán información sobre as axudas ao emprendemento do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña, terán ocasión de escoitar a Isidro Laso, director de Startup Europe na Comisión Europea, recibirán os consellos de Antonio Hyder, director de investigación de Hackers & Founders (California, EEUU) e terán ocasión de compartir un café con emprendedoras de éxito da nosa provincia como María Hermo, cofundadora de Galejobs; Victoria Mariño, cofundadora da consultoría Gálica; Isabel Caamaño, fundadora e directora creativa en Mr. Ce e Noemí Bellas, CEO e fundadora de Líbolis, escuela de valientes.
- As inscricións realizaranse a través do seguinte enlace e respetarase a orde de entrada: https://www.f6s.com/sew18dacoruna
- Programa:
'A producción da mazá, unha oportunidade para emprender'
Tamén no ámbito do emprendimento, a Reserva da Biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, organiza as xornadas 'A producción da mazá, unha oportunidade para emprender", que se desenvolverá o día 14 e 16 de marzo na Fundación Juana de Vega, en Oleiros.