Novas subvencións para achegar a banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos
A Xunta abre unha nova convocatoria de axudas para posibilitar o acceso ao servizo de banda larga ultrarrápida a autónomos e empresas illadas en zonas do rural galego.
Esta liña de axudas, enmarcada no Plan de Banda Larga 2020, conta para cun orzamento inicial de 600.000 euros, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).
As empresas e autónomos interesados poderán beneficiarse de subvencións de ata o 100% dos custos necesarios para o acceso a internet de cando menos 30 Mbps, cun máximo de 20.000€ por proxecto.
Para máis información sobre estas axudas:
- Na ligazón https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR604A
- Na Oficina de Banda Larga, a través da dirección de correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..
- Chamando ao 981 95 78 68, en horario de luns a venres de 9:00 a 15:00h.