UV BANNER Curtis 2023 web

Publicación no DOG das axudas de Medio Ambiente para paliar os danos do lobo e do xabaril

DOGAXUDAS DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE PARA PALIAR OS DANOS PRODUCIDOS POLO LOBO, ASÍ COMO PARA OS DANOS PRODUCIDOS POLO XABARIL NOS CULTIVOS AGRÍCOLAS. CONVÓCANSE PARA O ANO 2019.

AXUDAS POR DANOS DO LOBO

Persoas beneficiarias: As persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras, afectadas por ataques de lobos.
Importe total da convocatoria: 350.000 €
Prazo para presentar solicitude:

  • Para os danos comunicados entre o 1 de outubro de 2018 e a entrada en vigor desta orde: 45 días naturais contados a partir da entrada en vigor desta orde.
  • Para os danos ocasionados a partir da entrada en vigor desta orde: 45 días naturais contados desde o día seguinte ao da comunicación do dano.

Publicación no DOG:

AXUDAS POR DANOS DO XABARIL NOS CULTIVOS AGRÍCOLAS

Persoas beneficiarias: Toda persoa que exerza a actividade agraria e estea inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) como titular dunha explotación onde se constataron danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril.
Obxecto: Compensar os danos causados polo xabaril nos cultivos agrícolas que sexan comunicados desde o 1 de xaneiro de 2019 até o 10 de outubro de 2019.
Importe total da convocatoria: 811.000 €
Prazo de presentación da solicitude: Un mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano.

Publicación no DOG:

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.