Anuncio de consulta pública e audiencia
O Concello de Curtis conta na actualidade cunha Ordenanza Municipal reguladora do depósito,
carga e transporte da madeira de tala que foi publicada definitivamente no BOP nº 108 de
09/06/2017.
Con data de 02/10/2019, ditouse Providencia de inicio de expediente para derogar o actual texto e
aprobar unha nova regulación que se anexa a este anuncio, pretendéndose con esta medida
solucionar os problemas que o transporte da madeira por vías municipais supón para a mobilidade
dos veciños e para a integridad estructural de ditos viais.
En virtude do disposto no art. 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo
común das administracións públicas, ábrese un período de consulta pública e de audiencia ata o 16
de outubro para recabar a opinión dos suxeitos e das organizacións representativas potencialmente
afectadas pola futura ordenanza.