Inscrición para a campaña de Esquí da Deputación
Campaña de inverno para rapaces e rapazas de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2019), residentes en calquera municipio da provincia. Para o municipio de Curtis resérvanse tres prazas.COTA DE INSCRICIÓN: No transcurso da inscrición será facilitado pola Deputación un número de conta onde se aboará a cota de 85,00 € (oitenta e cinco euros), facendo constar o nome do/a neno/a, concello e CAMPAÑA DE INVERNO 2019.
INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.
INSCRICION: Ata o 10 de xaneiro

Curso en desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web (RD 1531/2011, de 31 de outubro modificado polo RD 628/2013, de 2 de agosto)