EXAME BANER HORIZONTAL

Lecer activo para a terceira idade: excursión a Pontevedra e Combarro o 20 de outubro

excursion combarroA área de Benestar Social e de Cultura do Concello de Curtis organiza unha excursión a Pontevedra e a Combarro para o colectivo da terceira idade o vindeiro 20 de outubro.

As persoas interesadas nesta actividade programada no marco do Programa de Lecer Activo, poden formalizar xa a súa inscrición até o día 16 de outubro na Casa do Concello en Teixeiro (Telf. 981789003) ou nas dependencias municipais de Curtis (Telf. 981777105). É imprescindible presentar o carné da terceira idade.

O número de prazas ascende a 110 e o prezo é de 12,41 euros.

A inscrición nas actividades deportivas e talleres municipais, aberta ata o 22 de setembro

CARTELES ACTIVIDADES CONCELLO DE CURTIS 2017 2018 jpgO Concello de Curtis abre ata o próximo día 22 de setembro o prazo de inscrición nas actividades deportivas e talleres continuos que se desenvolverán ata o verán de 2018 nas instalacións municipais de Curtis e Teixeiro.

O programa incluirá, para os máis novos e a través das Escolas Deportivas Municipais, fútbol e fútbol sala, patinaxe, ximnasia artística, baile e manualidades. Os adultos poderán participar nas clases de baile, de mantemento integral e de pilates-streching, así como en manualidades e obradoiros de memoria e de prevención da demencia.

As actividades, que se porán en marcha se se inscriben un mínimo de 15 alumnos, comezarán o 2 de outubro, menos o fútbol e fútbol sala, que se iniciaron este mes.

O programa incluirá, como actividades de carácter gratuíto, clases de informática e de inglés para adultos e para nenos. Ademais, tamén de maneira gratuíta, porase en marcha o programa Educando en Familia, destinado a nenos e nenas de 0 a 3 anos acompañados polos seus pais, que centra as súas actividades no desenvolvemento mental, psicomotor, afectivo e sensorial dos pequenos, así como na atención aos seus pais.

  •  Programa completo e información sobre as actividades: pdf

 

O Concello convida aos veciños de todas as idades a participar no Día do Deporte na Rúa os días 24 e 31 de agosto

deporte rua 2017deportesteixeiroA área de Deportes organizará o Día do Deporte na Rúa o xoves, día 24, na Carballeira de Curtis, e o xoves, 31, na Praza de España en Teixeiro, de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.30 horas.

Estas xornadas, aberta a persoas de todas as idades, enmárcase nas acción impulsadas polo Concello para promover hábitos de vida saudable entre a poboación.

Entre as actividades programadas destacan o fútbol, minibasket, pádel, badmington e carreiras. Tamén realizaranse diversos xogos e instalaranse dous inchables.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.