Banner XX Premio de rarracion curta

Actividades para emprendedores

Desde o departamento de Orientación Laboral do Concello de Curtis informan destas xornadas destinadas a emprendedores/as:

Entrepreneurs Startup Café

Con motivo da Startup Europe Week e do Día Internacional da Muller, a Deputación da Coruña organiza o evento “Entrepreneurs Startup Café”, enmarcado dentro da liña 4 do Plan de Emprego Local (PEL), que se celebrará o vindero 7 de marzo ás 10:00 horas no salón Cunqueiro do hotel NH A Coruña Atlántico, avenida do Porto da Coruña, 4.

Neste evento gratuíto 30 emprendedoras e emprendedores da provincia recibirán información sobre as axudas ao emprendemento do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña, terán ocasión de escoitar a Isidro Laso, director de Startup Europe na Comisión Europea, recibirán os consellos de Antonio Hyder, director de investigación de Hackers & Founders (California, EEUU) e terán ocasión de compartir un café con emprendedoras de éxito da nosa provincia como María Hermo, cofundadora de Galejobs; Victoria Mariño, cofundadora da consultoría Gálica; Isabel Caamaño, fundadora e directora creativa en Mr. Ce e Noemí Bellas, CEO e fundadora de Líbolis, escuela de valientes.

xornada maza'A producción da mazá, unha oportunidade para emprender'

Tamén no ámbito do emprendimento, a Reserva da Biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, organiza as xornadas 'A producción da mazá, unha oportunidade para emprender", que se desenvolverá o día 14 e 16 de marzo na Fundación Juana de Vega, en Oleiros.

  • Cartel e programa: pdf

 

Axudas dirixidas a empresarios/as da provincia de A Coruña

empresasO Servizo de Promoción Económica, Turismo e Emprego da Deputación Provincial da Coruña publica as seguintes axudas dirixidas a empresarios/as:

- Convocatoria de axudas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia de A Coruña a través do apoio á inversión en bens inventariables. (PEL-Emprende inversión 2018).

- Programa de incentivos á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas (Liña 3. 1. PEL-Pemes).

- Programa de incentivos ao mantemento do cuadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas (Liña 3.2 PEL-Pemes. mantenimiento).

 

Xornada sobre a produción de carne de vacún, unha oportunidade para emprender na Biosfera

biosferaA Asociación Mariñas-Betanzos, entidade xestora da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, á que pertence o Concello de Curtis, vai a desenvolver un​h​a ​x​ornada​ sobre​ 'A produción de carne de vacún. Unha oportunidade para emprender na Biosfera', ​que se celebrará o próximo mérco​r​es 28 de febrero ​e​ que terá lugar n​o​ Centro de Investigaci​ó​ns Agrarias de Mabegondo (Abegondo).

Esta xornada está dirixida a todas as persoas interesadas en poñer en marcha unha explotación gando vacún, en extensivo, coñecendo diferentes experiencias produtivas, así como a información máis relevante para a posta en marcha dunha iniciativa deste tipo.

Calquera persoa interesada pode poñerse en contacto coa Asociación Mariñas-Betanzos, para ter máis información, así como para realizar a inscrición na xornada.

  • Telf 981 669 541
  • Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.