EXAME BANER HORIZONTAL

Programa de Termalismo do IMSERSO

inmerso 17Normativa:

Requisitos das/dos usuarias/os:

1. Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:

  1. Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
  2. Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  3. Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  4. Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.

2. As persoas usuarias de praza deben reunir os seguintes requisitos:

  1. Non padecer alteracións de comportamento que poidan alterar a normal convivencia nos establecementos, ni padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  2. Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
  3. Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
  4. Acadar, de conformidade coa baremación establecida, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas. Ponderaranse as seguintes variables:
  • Grao de necesidade de recibir os tratamentos termais.
  • Situación económica dos solicitantes.
  • Idade dos solicitantes.
  • Que non disfrutara da praza en anos anteriores.
  • Se o/a solicitante e membro dunha familia numerosa.
  • Outras circunstancias excepcionais non contempladas nas variables anteriores.

3. Igualmente, poderán participar no programa as persoas de nacionalidade española, que residan no estranxeiro, sempre que perciban unha pensión do Sistema de Seguridade Social español e conten coa idade exixida no parágrafo 1 anterior, ou sexan asegurados ou beneficiarios do Sistema da Seguridade Social, con idade igual ou superior a 65 anos, e en todos os supostos, reúnan o resto dos requisitos exixidos ás persoas usuarias no parágrafo 2 anterior.

4. Tamén poderán ser adxudicatarios das prazas, como acompañante, o cónxuxe ou a parella de feito ou persoa coa que se constitúe unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal, sen necesidade de que estes reúnan algún dos requisitos exixidos no parágrafo 1 e, en todo caso, cumprindo os requisitos previstos no parágrafo 2.

Asimesmo, poderán ser adxudicatarios de praza, os fillos con discapacidade, en grao igual ou superior ao 45 %, sempre que a quenda o disfruten cos seus pais e se aloxen na mesma habitación.

Prazas e quendas convocadas:

Convócanse 208.500 prazas para participar no Programa, a desenvolver nas quendas e balnearios que se relacionan no anexo I, onde tamén se especifica o tipo de tratamento termal a impartir por cada balneario, asi como o prezoa pagar polos participantes e acompañantes, por praza e quenda.

Sen perxuizo do anterior, a oferta de prazas poderá incrementarse, sen necesidade de nova convocatoria, coas que resulten dos novos contratos que formalice o Imserso no ano 2017 cos establecementos termais.

As quendas, que poderán ter unha duración de 12 días (once pernoctacións) ou de 10 días (nove pernoctacións) cada un, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as doce horas do día de chegada ata as doce horas do día de saída.

O programa desenvolverase entre o mes de febreiro e o mes de decembro de 2018.

Servizos

  • Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido.
  • Tratamentos termais que comprenderán: recoñecemento médico ao ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba o médico do balneario; o seguimento médico do tratamento con informe final.
  • Actividades de lecer e tempo libre ofertadas gratuítamente polo balneario.
  • Póliza colectiva de seguro turístico.
  • Transporte por conta do balneario, nos casos que se expresan no anexo I, dende a localidade máis achegada ao balneario hasta a estación termal ao comezar a quenda e o regreso, ao rematar mesmo.
  • En todo caso, os beneficiarios das quendas realizarán os desprazamentos aos establecementos termais, así como o de regreso aos seus domicilios, directamente polos seus propios medios.

Prezo e forma de pago das prazas:

O prezo para pagar polos usuarios e, no seu caso, os acompañantes, por praza e quenda, ascende ás cantidades que se sinalan, para cada balneario, mes e tipo de quenda, no cadro anexo I.

As persoas usuarias, e no seu caso os acompañantes, abonarán o custe das plazas da seguinte forma:

  1. Con antelación á súa incorporación no balneario e nos prazos que se determinen na notificación de concesión de praza, abonarán, en concepto de gastos por reserva de plaza, 40 euros, por praza adxudicada.
  2. A diferencia entre o custe da praza e a cantidad abonada en concepto de reserva, ao ingreso no establecemento termal.

Documentación:

Se a temporada pasada a persoa solicitou praza e reunía os requisitos para participar no programa, o IMSERSO remitiralle por correo un modelo simplificado para a renovación da súa solicitude.

Se accede por primeira vez ao Programa ou volve a solicitalo logo de non telo feito no ano 2016, deberá formalizar nova solicitude e informe médico:

Solicitude. A Declaración sobre o estado de saúde efectúaa o propio solicitante e, no seu caso o seu cónxuxe. Non precisa ir ao médico para que a cumprimente.

Lugar de presentación:

Cumplimentación telemática da solicitude. Consulta de trámites

Prazo de presentación:

Para participar no proceso de adxudicación de praza:

  • Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 4 de xaneiro de 2018
  • Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 11 de maio de 2018.

Para a súa inclusión na Lista de Agarda de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:

  • Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 10 de maio de 2018.
  • Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 31 de outubro de 2018.

Sen perxuízo de que as persoas solicitantes poidan formular a súa solicitude nos prazos e termos establecidos anteriormente, coa finalidade de simplificar trámites, remitiranse comunicacións singulares a todas as persoas solicitantes que, reunindo os requisitos da convocatoria do ano 2017, os seus expedientes estén completos.

Máis información:

 

Programa 'Xuntos polo Nadal' de acompañamento das persoas maiores que se atopen soas nesa época do ano

PROGRAMA “XUNTOS POLO NADAL”

xuntos nadalA Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

Prazas e destinos

Ofértanse un total de 240 prazas distribuídas do seguinte xeito:

  • 120 na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense), para as persoas solicitantes das provincias de Lugo e Pontevedra.
  • 120 na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as persoas solicitantes das provincias de A Coruña e Ourense.

Datas e servizos

Este programa levarase a cabo entre o día 23 de decembro de 2017 e o día 7 de xaneiro de 2018 e comprende os seguintes servizos:

  • Estancia na residencia durante 16 días (15 noites).
  • Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa.
  • Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades que corresponda (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo ou Ourense) ata a residencia de tempo libre que se lle adxudique e viceversa.
  • Actividades de animación sociocultural.

A recollida das persoas participantes efectuarase o día 23 de decembro pola tarde e a volta o día 7 de xaneiro despois do almorzo.

Persoas beneficiarias:

  • Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  • Estar empadroado nalgún concello galego.
  • Vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.
  • Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou de conduta non compensados que poidan alterar a convivencia.

Para a selección dos participantes daráselle preferencia ás persoas que:

  • Perderan ao seu cónxuxe ou persoa coa que convivisen nos últimos anos.
  • Teñan máis idade.
  • Teñan un menor nivel de ingresos económicos.
  • Non participaran no Programa Xuntos polo Nadal en pasadas edicións.

Solicitudes:

As solicitudes, acompañadas do informe social e da declaración responsable, formularase nos modelos establecidos ao efecto e estarán debidamente cubertas e asinadas pola persoa que corresponda.

O prazo de presentación será ata o día 17 de novembro incluído, nos servizos sociais comunitarios dos concellos, nos departamentos de traballo social dos centros de saúde ou hospitais, nas xefaturas territoriais ou Centros Sociocomunitarios de Benestar, dependentes da Consellería de Política Social; ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Prezo da praza:

As persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (537,84€/mes), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aquelas cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pago da estancia coa achega de 50€.

Unha vez efectuado o ingreso de dito importe, se é o caso, só se efectuará a súa devolución se non se incorporan ao programa e o comunican por escrito polo menos con 10 días de antelación ao seu comezo; ou o día anterior ou o mesmo día no caso de forza maior: enfermidade ou falecemento dun familiar; situacións que terá que acreditar coa solicitude no caso de solicitar a devolución. Non se lles devolverá ningún importe se abandonan o programa unha vez iniciado o mesmo, ou non se atopan nos supostos anteriores.

Os gastos de desprazamento desde o domicilio dos adxudicatarios ata o lugar de saída que se indique nas localidades de Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra ou Vigo e viceversa serán por conta da persoa participante.

Documentación:

As persoas ás que se lle adxudique praza terán que confirmar a súa asistencia e, no momento de incorporarse ao programa, ir provistas de:

  • DNI ou pasaporte en vigor.
  • Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira de algunha atención especial (control sanitario, tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio, habitación individual ...etc). De non levar a acreditación da necesidade, non se lle prestará ningún tipo de atención especial.
  • Tarxeta sanitaria, medicación habitual necesaria e/ou accesorios para o transcurso da estadía.
  • Roupa cómoda.

Máis información:

Subdirección Xeral de Promoción da Autonomía Persoal e Prevención da Dependencia
Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela.
Tlfno: 981 547437/ FAX: 981 545691.
Correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

  • O Teléfono Social: 900 333 666 (gratuíto).
  • As Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social

A CORUÑA: Servizos de Dependencia e Autonomía Persoal
Rúa Concepción Arenal, 7-9. 15006
Teléfono: 881881537. Fax: 981881506

LUGO: Rúa Serra de Ancares, 68 baixo. 27003. Teléfono: 982294896. Fax: 982889162

OURENSE: Rúa Concello, 14. 32003 (Centro Sociocomunitario). 
Teléfono: 988372430. Fax: 988370884

VIGO: Praza da Estrela, s/n - 3º Andar. 36201. Teléfono: 986817214. Fax: 986817637

  • Os Centros Sociocomunitarios de Benestar da Consellería de Política Social
  • Os servizos sociais comunitarios dos concellos e os departamentos de servizos sociais de atención primaria e de atención especializada de saúde ou dos hospitais.

 

O novo bono social eléctrico modifica as condicións para dar axudas a máis persoas e colectivos

novo bono socialO novo bono social para as rebaixas da factura eléctrica modifica as súas condicións para ampliar o número de persoas que se poidan beneficiar deste desconto.

Ademais de incluir a prohibición de efectuar cortes de luz aos consumidores que sexan declarados vulnerables severos en risco de exclusión social, o novo modelo introduce o criterio da renda familiar e o grado de discapacidade para conceder a rebaixa, o que amplía esta axuda a moitos máis colectivos.

Así é o novo bono. Para calquiera dúbida, consulta o axuda na tramitación do novo bono, porse en contacto co departamento de Servizos Sociais do Concello de Curtis.

BONO SOCIAL ELÉCTRICO

Normativa:

  • Real Decreto 897/2017, do 6 de outubro, polo que se regula a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores domésticos de enerxía eléctrica. (BOE nº 242 do 7/10/2017)
  • Orde ETU/943/2017, do 6 de outubro, pola que se desenvolve o Real Decreto 897/2017, do 6 de outubro, polo que se regula a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores domésticos de enerxía eléctrica. (BOE nº 243 do 9/10/2017)

Beneficiario

Segundo o IPREM ((Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples):

Consumidor vulnerable

Terá a consideración de consumidor vulnerable a persoa física titular dun punto de subministración de electricidade na súa vivenda habitual que estea acollido ao prezo voluntario para o pequeno consumidor (PVPC) e cumpra os seguintes requisitos:

  1. Que a súa renda ou, caso de formar parte dunha unidade familiar, a renda conxunta anual da unidade familiar a que pertenza sexa igual ou inferior:
    • 1,5 veces o IPREM de 14 pagas, no caso de que non forme parte dunha unidade familiar ou non haxa ningún menor na unidade familiar.
    • 2 veces o índice IPREM de 14 pagas, no caso de que haxa un menor na unidade familiar.
    • 2,5 veces o índice IPREM de 14 pagas, no caso de que haxa dous menores na unidade familiar.
  2. Circunstancias especiais: os limiares de renda anteriores veranse incrementados en 0,5 veces o IPREM para as vítimas de violencia de xénero, vítimas do terrorismo e para aqueles fogares con algún membro cunha discapacidade superior ao 33%.
  3. Estar en posesión do título de familia numerosa.
  4. Que o propio consumidor e, no caso de formar parte dunha unidade familiar, todos os membros da mesma que teñan ingresos, sexan pensionistas do Sistema da Seguridade Social por xubilación ou incapacidade permanente, percibindo a contía mínima vixente en cada momento para as devanditas clases de pensión, e non perciban outros ingresos.

Consumidor vulnerable severo

Cando cumprindo os requisitos anteriores, o consumidor e, no seu caso, a unidade familiar á que pertenza:

  • Teñan unha renda anual inferior ou igual ao 50% dos limiares establecidos no apartado a), incrementados no seu caso, en 0,5.
  • Teñan unha renda anual inferior ou igual a unha vez o IPREM a 14 pagas ou dúas veces o mesmo, no caso de qe se atope na situación do apartado c) ou b), respectivamente.

Consumidor en risco de exclusión social

Quen reúna os requisitos para ser vulnerable severo e que sexa atendido polos servizos sociais dunha Administración autonómica ou local que financie polo menos o 50 % da factura, acreditado mediante documento expedido polos ditos servizos sociais.

A subministración a un consumidor que acreditase os requisitos anteriores e estea acollido á tarifa de último recurso (TUR) será considerado subministración de electricidade esencial.

Beneficiarios do novo bono social eléctrico

bono social

Aplicación do bono social

O bono social aplicarase durante o prazo de dous anos, salvo que con anterioridade prodúzase a perda dalgunha das condicións que dan dereito á súa percepción. Será prorrogable si se solicita a renovación con unha antelación mínima de quince días hábiles da finalización do prazo dos dous anos.



O bono social non poderá renovarse se para a comprobación dos requisitos non existe o consentimento expreso do interesado ou dos membros que compoñen a súa unidade familiar,ou se este consentimento foi retirado.



No caso das familias numerosas perceptoras do bono social, a aplicación do bono social estenderase ao período en que se atope vixente o correspondente título de familia numerosa. No caso de que antes do prazo de dous anos, ou antes de que finalice o período de vixencia do título de familia numerosa, se produza a perda dalgunha das condicións que dan dereito á percepción do bono social, este deixará de ser aplicado desde o día en que se materialice a perda da condición.

Obriga de actualización de datos

O consumidor acollido ao bono social ou, no seu caso, a Administración autonómica ou local cuxos servizos sociais estean a atender ao consumidor en risco de exclusión social, estarán obrigados a comunicar ao comercializador de referencia calquera cambio que supoña a perda da condición de consumidor vulnerable ou, no seu caso, de vulnerable severo, no prazo máximo dun mes desde que se producise.

Non suspensión da subministración de electricidade ao consumidor en risco de exclusión social

A subministración de electricidade do consumidor que teña a condición de vulnerable severo acollido á TUR e que estea a ser atendido  polos servizos sociais dunha Administración autonómica ou local, non poderá ser suspendido cando a dita administración asuma polo menos o 50% do importe da súa factura a PVPC previo á aplicación do desconto por bono social, e o pago sexa efectuado e acreditado mediante o correspondente certificado ante o comercializador de referencia no prazo de cinco meses desde a emisión da factura.

Documentación

Solicitude, acompañada da seguinte documentación:

  1. Fotocopia do NIF ou NIE do titular do punto de subministración ou, no seu caso, de todos os membros da unidade familiar.
  2. Certificado de empadroamento en vigor, individual ou conxunto, do titular de punto de subministración ou de todos os membros da unidade familiar.
  3. No caso das unidades familiares, libro de familia ou, no seu caso, certificación da folla individual do Rexistro Civil.
  4. No caso de familias numerosas, copia do título de familia numerosa en vigor.
  5. No caso de que aplique algunha das circunstancias especiais, certificado ou documento acreditativo expedido polos servizos sociais.
  6. No caso de que o titular ou todos os membros da unidade familiar sexan pensionistas do Sistema da Seguridade Social por xubilación ou incapacidade permanente que cobren a pensión mínima vixente en cada momento para as devanditas clases de pensión, certificado da Seguridade Social relativo ao titular ou a todos eles.

Acreditación das circunstancias especiais

O certificado ou documento acreditativo emitido polos servizos sociais do órgano competente ou o órgano que designe a Comunidade Autónoma poderá seguir o modelo do anexo II.



Para a súa expedición, o solicitante deberá achegar aos servizos sociais a documentación seguinte:

  1. No caso de que o solicitante ou algún dos membros da unidade familiar teña discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 % achegarase certificado do grao de discapacidade expedido pola Comunidades Autónoma ou, se é o caso, polo IMSERSO.
  2. No caso de que o solicitante ou algún dos membros da unidade familiar teña a condición de vítima de violencia de xénero (VVX), achegarase un dos documentos seguintes: Sentenza definitiva e firme que condene á persoa agresora; resolución xudicial pola que conclúe o procedemento penal da que se deduza que a persoa solicitante foi VVX; orde de protección vixente, ou Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de que a persoa solicitante é VVX ata tanto se dite a orde de protección; resolución xudicial que houber acordado medidas cautelares penais, sempre que estas estean en vigor; certificación ou informe dos servizos sociais da Administración Pública autonómica ou local; certificado emitido por unha institución pública competente no que conste que a persoa interesada está a ser atendida dentro dun programa de atención ás vítimas, subvencionado por unha Administración Pública concreta.
  3. No caso de que o solicitante ou algún dos membros da unidade familiar teña a condición de vítima de terrorismo, achegarase resolución emitida conforme á Lei 29/2011, do 22 de setembro, de Recoñecemento e Protección Integral ás Vítimas do Terrorismo polo Ministerio do Interior.

A concorrencia das referidas circunstancias especiais debe acreditarse tanto na solicitude como na renovación do bono social, mediante a presentación do certificado ou outro documento acreditativo válido.

Lugar de presentación

A solicitude do bono social poderá realizarse a través dos seguintes medios, acompañada da documentación acreditativa:

  1. Por teléfono, a través do número dispoñible na páxina web do comercializador de referencia (COR). Este número será publicado tamén na páxina web da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia.Neste caso, o consumidor deberá remitir a información xustificativa posteriormente por algún dos medios recolleitos neste apartado.
  2. Nas oficinas do COR, cando estas existan.
  3. Por fax ou a través da dirección de correo electrónico que comunique o COR na súa páxina web e na súa factura.
  4. Por correo postal na dirección que comunique o COR na súa páxina web e na súa factura.
  5. A través da páxina web do comercializador de referencia.

O formulario de solicitude deberá estar dispoñible na páxina web do COR, así como nas súas oficinas de atención presencial ao consumidor, cando estas existan.

Consumidores acollidos ao bono social á entrada en vigor da orde

Os consumidores de enerxía eléctrica que, á data de entrada en vigor a orde (10/10/2017) sexan beneficiarios do bono social, dispoñerán do prazo de seis meses (ata o 10/3/2018) para acreditar a condición de consumidor vulnerable. De non facelo no dito prazo, o bono social deixará de aplicarse a partir da primeira factura emitida, ou ben na factura inmediatamente posterior.



Durante este período transitorio o comercializador non poderá levar a cabo refacturacións por incorrecta aplicación dos límites de enerxía fornecida previstos no anexo I, das que resulte un prexuízo económico para o consumidor.



Os consumidores de enerxía eléctrica que, á data do 10/10/2017, sexan beneficiarios do bono social, e estivesen inmersos nun procedemento de suspensión de subministración de electricidade por falta de pagamento, verán ampliado o prazo para a suspensión da subministración a 4 meses desde que se lles requiriu fehacientemente o ingreso, sen que o mesmo se fixera efectivo.

  •  Descargar a documentación do Bono Social Eléctrico en PDF pdf

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.