Modificación da composición da Comisión Especial de Contas
Infórmase da modificación da composisión da Comisión Especial de Contas do Concello de Curtis.
- Documento

- Aprobación desta modificación no Pleno Ordinario do 3 de febreiro de 2017
Infórmase da modificación da composisión da Comisión Especial de Contas do Concello de Curtis.
Publicación da designación do concelleiro Antonio Fraga como cargo con dedicación exclusiva na Corporación Municipal.
A nova dedicación exclusiva créase debido á carga de traballo que suporán, entre outros temas, a presentación de ambiciosos proxectos a fondos europeos, a posta en marcha de novos servizos en solo empresarial e a potenciación do Polígono Industrial de Teixeiro, a elaboración e coordinación dos novos plans de mobilidade así como da estratexia ambiental e as relacionadas coa estratexia de promoción e prevención de saúde, as modificacións da PXOM, a elaboración do inventario municipal, a xestión do convenio de vivendas baleiras e a coordinación de todo a área de participación cidadá, á que se lle dará un novo impulso.
A dedicación asúmea o actual primeiro alcalde, Antonio Fraga, que estaba a levar nas últimas lexislaturas os temas relacionados co Medio Ambiente e Promocón Economía e Industrial.
O salario desta dedicación non suporá ningunha carga para as contas municipais cando termine a lexislatura.
O Concello abre un proceso de consulta para escoitar as suxerencias dos veciños e colectivos co fin de aprobar unha nova ordenanza reguladora do depósito, carga e transporte de madeira de tala.
Os cidadáns poden facer as súas achegas até o día 17 nas oficinas municipais de Curtis e Teixeiro ou no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..