Banner XX Premio de rarracion curta

Prazas de voluntariado para proxectos de turismo e desenvolvemento local en Belví, Cerdeña

europeo 2016

A área de Xuventude do Concello de Curtis informa de que hai prazas de voluntariado para dous proxectos en Belví, en Cerdeña (Italia). 

European Youth Autumn (EYA I)

  • Datas: 01/10/2016 – 30/10/2016 (1 mes)
  • N.o prazas: 3
  • N.o total participantes: 12

Países participantes: España, Malta, Alemania, Letonia.

Proxecto: Apoio turístico.

As 3 persoas voluntarias participarán no evento “Giochi e Sapori in Barbagia”, que está dirixido a mellorar os recursos eno­gastronómicos, culturais e naturais da zona do interior de Cerdeña. Para iso, as tarefas principais, entre outras, dos participantes serán:

­ - Apoio na preparación nas áreas de exhibición.

­ - Apoio en comunicación e material de promoción, así como a súa difusión

­ - Axuda na oficina de información.

­ - Axuda na coordinación no concurso de pintura “Bellevie”

Os/as interesados/as en participar neste proxecto, deben enviar unha carta de motivación máis o seu CV antes do 24 de xuño ao email Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

European Youth Autumn (EYA II)

  • Datas: 01/9/2016 – 30/06/2016 (10 meses)
  • N.o prazas: 1
  • N.o total participantes: 2

Proxecto: Potenciación e desenrolo de Belvì

As dúas persoas voluntarias desenrolarán as súas tarefas en tres ámbitos:

- CULTURAL: axudarán na biblioteca municipal e no Concello coas actividades que alí se

desenrolen, así como no Museo de Ciencias Naturais.

- MEDIO AMBIENTE: axuda na promoción de concienciación no coidado do medio ambiente

mediante actividades de diversa índole (reciclado, camiñatas...)

- SOCIAL: axuda nas actividades que se vaia crear para os maiores e nenos no centro recreativo do municipio.

Os/as interesados/as en participar neste proxecto, deben enviar unha carta de motivación máis o seu CV antes do 10 de xuño ao email Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

Suspensión temporal das probas de ESO para adultos por non alcanzar o mínimo de inscricións

Trala finalizar o prazo de matrícula ao curso de preparación das probas libres de ESO para adultos organizado polo Concello de Curtis, e vistas as sete persoas inscritas e tras establer previamente un requisito mínimo de quince inscricións, procédese ao aprazamento temporal do inicio a causa do reducido número de persoas interesadas na acción formativa ata acadar o mínimo establecido.

Como actuar cando hai problemas coas sinais de TDT?

O forte temporal do domingo provocou numerosas incidencias coa TDT en zonas do municipio que reciben o sinal do repetidor en Ratona, como Os Carballás, Montealto e A Insúa, entre outras. O Concello estivo en contacto con Retegal para que se restablecese o servizo canto antes.

Como actuar ante este tipo de incidencias?

Recoméndase aos afectados cando existen problemas co sinal de TDT que chamen ao Concello ou a Retegal, aínda que, se as condicións atmosféricas son adversas como estes días, Retegal advertiralles que chamen tamén ao Concello para comprobar se o repetidor ten electricidade ou se o fallo non é por ningún corte de luz.

Concello de Curtis

  • Teléfono 981 789 003

Retegal. Contan cun servizo de atención as 24 horas.

  • Teléfono 901 100 224
  • Correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.