UV BANNER Curtis 2023 web

Curso de boxeo francés en Teixeiro o fin de semana do 20 e 21 de febreiro

cartelSavateA Federación Galega de Boxeo organizará este fin de semana, 20 e 21 de febreiro, un ‘stage’ técnico de boxeo francés ou Savate dirixido a calquera deportista que desexe mellorar coñecementos sobre esta modalidade, que está a gañar en relevancia e que crece tanto en número de seguidores como de competidores. O Savate é un estilo de combate que utiliza os puños e as pernas. Sistematizado na época posnapoleónica, en Francia, é a única arte marcial nacido en Europa que existe como deporte e defensa persoal.

O curso enmárcase nas actividades programadas no convenio asinado entre a Federación e o Concello de Curtis co fin de potenciar as instalacións deportivas do municipio e impulsar o coñecemento e a práctica de diversas disciplinas deportivas, así como a organización de actividades e campionatos que axuden a promocionar o concello.

A parte teórica do curso impartirase no salón de actos do Centro Etnográfico do Río Mandeo, en Teixeiro, mentres que a práctica desenvolverase no pavillón polideportivo desta localidade. O alumnado poderá durmir de forma gratuíta no albergue das instalacións.

O programa de curso será o seguinte:
Sábado:

  • Savate de competición Combat Assaut, a cargo de Manuel Planas Otero.

Domingo:

  • Regulamento de arbitraxe, a cargo de Francisco Castro Neto.
  • Graos técnicos no Savate, a cargo de Miguel Bordera Pascual.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.