Aberto o prazo até o 17 de xuño para a inscrición nos campamentos urbanos de verán
- Organizaranse do 1 ao 29 de xullo, de 10.00 a 14.00 horas.
O CIM (Centro de Información ás Mulleres) de Curtis anuncia a apertura do prazo de inscrición para os campamentos urbanos de verán, nos que, entre outras actividades, desenvolveranse xogos cooperativos, contacontos e manualidades. A data límite para anotar aos nenos/as de 3 a 12 anos, será o 17 de xuño.
Os campamentos organizaranse do 1 ao 29 de xullo, de 10.00 a 14.00 horas, no Centro de Ocio Infantil de Curtis e no Recinto Escolar de Teixeiro.
Esta iniciativa, coa que se quere axudar á conciliación familiar, conta coa colaboración da Obra Social da Caixa.
A participación no campamento serán incompatibles coas actividades deportivas de verán pola coincidencia de horarios.