Curso de operacións auxiliares e electromécanica de vehículos
Apertura do prazo para inscribirse no curso 'Operacións auxiliares e electromécanica de vehículos"
Requisitos de acceso:
- Estar desempregado e inscrito/a na oficina de emprego de Betanzos. Excepcionalmente poden inscribirse persoas empregadas.
- Non se esixe titulación mínima para participar.
- O 15/03/2018 ás 15:30 horas terá lugar unha proba de aceso no IES de Curtis.
Lugar e datas onde se impartirá:
- No IES de Curtis, desde o 19/03/2018 a 28/06/2018. Horario 15:30 a 20:30 / 16:00 a 21:00.
- Do 18 ao 22 de xuño: prácticas non laborais en empresa (40 horas repartidas en 5 xornadas de 8 horas cada unha).
Módulos
- MF0620 1. Mecanizado Básico (90 Horas).
- MF0623 1. Técnicas Básicas De Macánica De Vehículos: (90 Horas)
- MF0624 1. Técnicas Básicas De Electricidade De Vehículos: (90 Horas)
Módulos transversais
- Fcoo03, Inserción laboral, sensibilización ambiental e na igualdade de xénero (10) horas.
- Fcoxxx05, Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e corresponsabilidade familiar e doméstica. (8 Horas).
CERTIFICADO PROFESIONAL NIVEL 1
Inscrición:
Oficina de emprego de Betanzos. (En caso de pertencer a outra oficina de emprego, a inscrición deberá realizala na súa oficina de emprego).
MÁIS INFORMACIÓN
- Oficina de emprego de Betanzos (881880244)
- IES de Curtis (Teléfono 881880620)