Formación en desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web
Curso en desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web (RD 1531/2011, de 31 de outubro modificado polo RD 628/2013, de 2 de agosto)
O prazo de envío de solicitudes é ata o próximo venres día 30 de novembro.
Os requisitos das persoas candidatas:
- Mozas e mozos menores de 30 anos desempregadas/os da provincia da Coruña empadroados en concellos de menos de 50.000 habitantes, incluídas as persoas con discapacidade.
- Non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación.
- Inscritas na Oficina de Emprego correspondente.
- Rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xove.
En posesión de unha das seguintes titulacións, certificacións ou acreditacións:
- Calquera outro certificado de profesionalidade de nivel 3.
- Certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia (Informática e Comunicacións) e área profesional (Desenvolvemento).
- Bacharelato.
- Ciclo formativo de Grado Superior, técnico superior.
- Cumprir requisitos académico de acceso ou ter superada a proba de acceso aos ciclos formativos de grado superior.
- Ciclo formativo de Grado Medio, técnico.
- Técnico especialista (FP2).
- Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
- Outros estiudos declaradaos equivalentes a efectos académicos con algún dos anterioree ou estudos superiores a estes.
- Competencias clave de nivel 3.
Máis información sobre o proxecto EIXO na páxina do Plan de Emprego Local