Un equipo móbil do DNI da Policía Nacional atenderá en Curtis aos veciños de Curtis, Sobrado e Vilasantar
Un equipo móbil do DNI da Policía Nacional desprazarase ao Concello curtiense os días 30, 31 de marzo e 1 de abril de 2016 para expedir e renovar os documentos aos veciños de Curtis, Sobrado e Vilasantar. A unidade da Policía Nacional, que reforza así o seu servizo de proximidade co cidadán, situarase na oficina municipal de Curtis durante os tres días.
Información sobre a documentación necesaria e para solicitar cita previa: