Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero
O pasado luns 25, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, o persoal do Centro de Información ás Mulleres do concello levou a cabo unha actividade no IES de Curtis destinado ó público adolescente co gallo de reflexionar sobre as relacións igualitarias entre homes e mulleres.
Os contidos teóricos foron combinados coa proxección do curto "Sen pensalo dúas veces", na sesión realizada co alunado de primeiro de bacherelato, e do video – clip "O final do conto de fadas" do rapeiro Chojín, no caso dos participantes de cuarto da ESO, de xeito que os rapaces e as rapazas reflexionaran en grupo sobre a temática tratada e participasen no debate posterior.
Ó alunado estivo acompañado na xornada polo profesorado responsable de cada grupo, a orientadora do instituto e un membro da Garda Civil, quen participou activamente nas sesións desenvolvidas.