EXAME BANER HORIZONTAL

Rueda visita o GES de Curtis e destaca a importancia de investir en emerxencias para garantir a seguridade de todos os galegos

ina ges1ina ges5O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o Concello de Curtis para coñecer de primeira man o traballo do seu Grupo de Emerxencias Supramunicipal, que desde agosto xa atendeu a máis dun cento de incidencias nos seis concellos aos que da cobertura.

Rueda destacou a importancia destes novos grupos que completan o mapa de emerxencias de Galicia -xunto a bombeiros, voluntarios de protección civil e policías- e crean unha auténtica malla de resposta ante as emerxencias, máis estable, profesional e operativa as 24 horas dos 365 días do ano.

Para conseguir esta rede foi fundamental a colaboración institucional demostrada pola Xunta, as Deputacións e os concellos galegos, que teñen contribuído para a posta en marcha dos GES, como xa fixeran cos parques de bombeiros comarcais.

Do mesmo xeito, os novos grupos de emerxencias exemplifican a aposta do Goberno galego pola cooperación entre os concellos, que contribúe a eliminar duplicidades e aumentar a eficiencia e a eficacia dos servizos públicos, algo fundamental no caso das emerxencias. É o caso do GES de Curtis, que xunto ao concello base cubre a outros cinco da comarca.

Por todo isto, a Xunta redobrará este ano o seu compromiso coa xestión das emerxencias e continuará apostando por uns servizos de emerxencias mellor preparados para garantir a todos os galegos, vivan onde vivan, unha maior seguridade ante posibles imprevistos. Exemplo disto son os GES, os máis de vinte parques comarcais espallados por Galicia ou o reforzo do 112.

ina ges2 ina ges3   ina ges4  ina ges6
 ina ges7  ina ges8  ina ges9
ina ges11 

ESTADÍSTICA INTERVENCIÓNS GES-CURTIS ANO 2013.

ESTATISTICA INTERVENCIONS GES-CURTIS ANO 2013

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.