EXAME BANER HORIZONTAL

Conciliación na montaña Coruñesa

conciliacionmontanacorunesaDo 23 de decembro de 2013 ó 7 de xaneiro deste ano tivo lugar no Centro de Ocio Infantil de Curtis o desenvolvemento dunha serie de actividades lúdico – educativas dirixidas a rapaces e rapazas de tres a doce anos destinadas a favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar dos pais e nais do noso Concello. A iniciativa está enmarcada dentro do Programa de Conciliación na Montaña Coruñesa subvencionado pola Deputación da Coruña, que ten entre outros obxectivos realizar actividades coeducativas co gallo de que os nenos e as nenas interioricen o principio de igualdade entre homes e mulleres.

Un total de vintetrés participantes acudiron ás actividades, sendo sete nenos e dezaseis nenas. Entre as actividades realizadas destacan as manualidades, os xogos cooperativos, o obradorio de cociña e a sesión de cine. O ultimo día do programa os pais e as nais foron convidados ó Centro de Ocio onde os rapaces e as rapazas cantaron unha panxoliña e os convidaron ós pratos preparados durante o obradoiro de cociña.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.