I XORNADA DE PATINAXE COMARCAL LAMBRE-MANDEO
O Sábado 11 de xaneiro organízase nas pistas exteriores semicubertas de Betanzos a 1ª xornada de patinaxe comarcal. Debido á demanda deste deporte nos concellos que integran devandita comarca de deporte escolar (Monfero, Irixoa, Aranga, Miño, Vilasantar, Betanzos, Sobrado, Ordes e Curtis), realízase esta xornada para que os alumnos/as das escolas deportivas municipais de patinaxe demuestren os seus progresos. O horario será de 16h a 18h.
As probas consistirán en realizar un circuito técnico e unha carreira; diferenciándose entre patíns en liña e tradicionais.
Dende o Concello de Curtis irán un total de 40 patinadores/as pertencentes ás Escolas Municipais de Patinaxe e Multideporte. Con eventos deste tipo preténdese promocionar este deporte entre os máis novos, á vez que ofrecerlles actividades competitivas de tipo participativo.
O Concello pondrá un autobús e monitores municipais para acompañar ós participantes.