UV BANNER Curtis 2023 web

O CONCELLO DE CURTIS ENTREGOU AS DISTINCIÓNS COMO CIDADÁNS DE HORNA AOS GARDAS CIVÍS DO POSTO DE CURTIS

distincionscidadns 2distincionscidadns 1O domingo 22 de decembro celebrouse no salón de actos do Recinto Feiral de Curtis a entrega de distincións como Cidadáns de Honra aos Gardas Civís do Posto de Curtis á que asistiron o Director Xeneral da Garda Civil, Arsenio Fernández de Mesa, o Xeneral Xefe da Garda Civil de Galicia, D. José María Feliz Cadenas e diversas personalidades ligadas o corpo da Garda Civil, ademáis da Corporación Municipal do Concello de Curtis.

Os homenaxeados foron Francisco Sanchez, José Ascariz, Miguel Bueno, Juan Couce, José García, Juan López e José Cortijo.

Con esta distinción quérese destacar as súas labores no ámbito profesional, a nivel provincial e concretamente dentro do ámbito municipal, coa súa participación activa no esclarecemento de numerosos feitos delictivos que crearan un entorno de temor e inseguridade entre a poboación, con ampla repercusión en medios de comunicación social.

Feitos todos eles nos que, incluso atopándose fora de servizo, os axentes reseñados amosaron un gran celo profesional, sagacidade e espírito de sacrificio, acadando unha porcentaxe de esclarecementos dos máis altos da Provincia e por conseguinte un aumento na percepción de seguridade e tranquilidade na nosa veciñanza, solventando en moitos casos, ao recuperar os efectos sustraídos, o grave perxuicio económico causado nas víctimas de tales feitos delictivos.

Mais é fora do ámbito profesional onde os referidos axentes principalmente destacan, amosando sempre un trato correcto e atento coa cidadanía, involucrándose activamente en facetas de coordinación, divulgación e posta en funcionamento tanto do Plan para a Convivencia e Mellora na Seguridade Escolar, como para a Prevención e Mellora da Seguridade de Maiores, impulsando xunto coas Autoridades Locais e co Centro de Información á Muller (CIM) a Mesa de Coordinación da Violencia de Xénero.

Así mesmo, e facéndose eco da delicada situación económica pola que pasa a nosa sociedade actualmente, dende o Posto da Garda Civil impulsouse unha iniciativa pioneira en España, habendo organizado no día da súa Patrona, Festividade da Virxe do Pilar, unha recollida de alimentos que permiteu que tanto este Ente local como os outros dous (Cesuras e Vilasantar) que conforman a demarcación policial do citado Posto da Garda Civil, distribuiran entre os máis necesitados unha tonelada de produtos de primeira necesidade. O que unido ao seu constante espíritu de Sacrificio e de Servizo á Comunidade, fan que o conxunto da sociedade valore dun xeito moi positivo a actuación do Corpo da Garda Civil.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.