Seminario "Programa Xuventude en Acción 2007 – 2013: aprendizaxe non formal, difusión de experiencias e resultados"
Varios xóvenes do Concello asisten ao seminario "Programa Xuventude en Acción 2007 – 2013: aprendizaxe non formal, difusión de experiencias e resultados", que organizou a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado o día 25 de Xaneiro no Centro Multiusos de Santa Comba.
Neste seminario, no que participaron 200 xóvenes de toda Galicia, deuse a coñecer os resultados dos proxectos aprobados a través do programa europeo Xuventude en Acción 2007-2013 e tamén se informou do novo programa europeo Erasmus +, que entrou en vigor este ano ata o 2020.
Este novo programa, que conta cun presuposto de 14700 millóns de euros para o período 2014-2020, aglutinará xunto co "Xuventude en Acción" varios programas de aprendizaxe permanente: Erasmus, Leonardo da Vinci, Comenius e Grudtvig, e outros programas de cooperación internacional. Ademáis incluirá, por primeira vez, medidas de apoio ao deporte.
