Banner XX Premio de rarracion curta

Visita ao Centro de Interpretación do río Mandeo, en Curtis.

O día 14 de xaneiro, os alumnos e alumnas da Uned Senior de Xestoso, acompañados polo noso profesor D. Felipe Senén López, e polo noso coordinador D. Luís Ángel Rodríguez Patiño, visitamos o Centro de Interpretación do río Mandeo, que se atopa no concello de Curtis.

Este Centro forma parte do Proxecto Mandeo, impulsado pola Deputación da Coruña, os diferentes concellos (especialmente o ce Curtis )por onde transcorre o río, e tamén con fondos FEDER da Comunidade Europea. A súa finalidade é favorecer o desenvolvemento de todas as vilas e aldeas que se atopan á beira da conca do río e do seu ecosistema.

Esta zona de Curtis xa tivo moita importancia na antigüidade, pois a xente prefería vivir no interior para protexerse dos ataques dos corsarios e outras invasións, que arrasaban as costas. A historia desta parte do territorio xa ven da época romana, pois en Curtis existiu o campamento romano da Cidadela, "Cors Prima Celtiverorum", cuns cincocentos mercenarios, procedentes do norte de África e tamén soldados celtas que traballaban para os romanos. Era esta unha avanzadilla importante. Despois do ano 300, trasladáronse a Cantabria. Aínda hoxe se conservan no lugar restos da arquitectura desta Cidadela.

No século XII, Alfonso VII trae frades que fundan o mosteiro de Sobrado. Foi este un aspecto moi importante na humanización e progreso cultural desta zona.

Hai cinco ou seis anos, nace este Centro de Interpretación medioambiental e cultural do río Mandeo, impulsado, como xa dixemos, polo Concello de Curtis, a Deputación da Coruña e con fondos FEDER. Foi deseñado por tres arquitectos moi xoves, o estudo Barge-Bouza. Ë un edificio moi novedoso. Está situado nunha braña e quere integrarse no medio. Está formado por catro partes, que semellan palleiros. Mesmo a protección de madeira lateral nos recorda estas construcións anexas ás casas labregas. É un concepto de arquitectura que rompe con todo. Os peldaños das escaleiras introducidos na propia parede; o cristal, o cemento; o choque entre ángulos rectos e liñas curvas, etc., etc.

O edificio contén un salón de actos, unha zona de exposición interactiva, laboratorio, comedor, cociña e dormitorios, con literas, para unhas vinte e cinco persoas. Ë estupendo para campamentos de verán sobre medio ambiente ou outras actividades semellantes, sempre con xente nova. O importante é que se lle dea un bo uso, pois, se non, sería unha gran perda de diñeiro e tempo.

A visita estivo enriquecida pola presenza do Sr. Alcalde de Curtis, quen nos deu a benvida e nos agradeceu a nosa presencia, explicándonos diferentes aspectos e singularidades deste concello. O noso coordinador, D. Luís Ángel Rodríguez Patiño, aproveitou para manifestarlle a necesidade de que se crease algunha aula da Uned Senior en Curtis, como un factor máis de promoción cultural e de desenvolvemento desta área. O Sr. Alcalde acolleu moi positivamente esta petición e respondeu que a tería en conta nos seus proxectos inmediatos.

Como de costume, foi unha visita moi interesante.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.