III PLAN DE IGUALDADE DO CONCELLO DE CURTIS
O pasado 31 de xaneiro foi a presentación do III Plan de Igualdade do concello de Curtis para os anos 2013 – 2015. O acto foi presidido pola Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, quen estivo acompañada pola Xefa de Unidade de Violencia contra a Muller da Subdelegación de Goberno da Coruña, Judit Fontela Baró, a escritora e pintora, Ánxeles Penas e o alcalde do concello, Javier Caínzos Vázquez. O devandito Plan está a ser distribuido entre os distintos axentes sociais e institucionais do noso territorio.
Entre as actividades realizadas para a elaboración do mesmo destaca a enquisa municipal dirixida ós veciños e veciñas do concello, da que se publican os resultados da mesma en canto o reparto dos tempos dedicados ó traballo e ás tarefas do fogar.
III_plan_de_igualdade_de_oportunidades_2013_2015.pdf
2014_DIFUSION_III PIOM_Enquisa mcpal..pdf