CONTRATACIÓN DUN OFICIAL DE SEGUNDA E DOUS PEÓNS.

O Concello de Curtis vai proceder a contratación dun oficial de segunda e dous peóns, ao abeiro dunha subvención concedida pola Deputación da Coruña, según resolución pola que se aproba o programa denominado: "Programa de financiamento das cuadrillas de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes no exercicio 2014" (BOP Nº 137 de 21/07/2014).
Conforme a base reguladora sétima da convocatoria do antedito programa, procédese a dar a oportuna publicidade na páxina web do Concello: www.concellodecurtis.org, no taboleiro de editos do Concello de Curtis e no períodico "El Ideal Gallego".
Dita contratación realizarase a través do Servizo Público de Emprego (Oficina de Betanzos) e dacordo cos principios de publicidade, concurrencia, igualdade mérito e non discriminación que quedarán plasmados nas bases de selección que se aproben ao efecto. As persoas interesadas en participar no procedemento selectivo poden anotarse en dita oficina de emprego no prazo de cinco días naturais, a contar dende o seguinte a esta publicación no diario "El Ideal Gallego".
Teixeiro (Curtis), 28 de xullo de 2014.
