CONTACONTOS EN CURTIS.
Mañá, 20 de agosto, haberá en Curtis a actuación "Contos para escoitar mentras bailamos un vals", que se realiza dentro da programación de verán cultural do Concello de Curtis e subvencionado pola Deputación da Coruña.
A actuación será no Salon de actos do Recinto Feiral de curtis ás 12:00 horas. A entrada é de balde e poden asistir tódolos nenos e nenas.
