EXAME BANER HORIZONTAL

PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE CONTRATACIÓN, LABORAL TEMPORAL, DUN OFICIAL DE SEGUNDA E DOUS PEÓNS PARA OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS NO CONCELLO DE CURTIS. LISTAS DE APROBADOS E PROPOSTAS DE CONTRATACIÓNS DEFINITIVAS.

logo tipologoddcorunaConforme a unha subvención concedida a este Concello de Curtis pola Deputación da Coruña na resolución pola que se aproba o programa denominado: "Programa de financiamento de cuadrillas de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes no exercicio 2014" (BOP Nº 137 de 21/07/2014).

Unha vez realizados os correspondentes procedementos de selección de contratación dun oficial de segunda e dous peóns, publicáronse no taboleiro de editos e páxina web do Concello de Curtis os listados de puntuacións acadadas e proposta de contratación de ditos procedementos de selección.

Rematado o prazo de presentación de reclamacións a ditos listados e propostas de contratacións, durante o cal non se presentou ningunha reclamación, publícanse as seguintes resolucións da alcaldía:

- Resolucións de aprobacións definitivas das listas de puntuacións acadadas nos procedementos de selección dun oficial de segunda e dous peóns.

- Resolucións das propostas de contratacións definitivas, como persoal laboral temporal, dun oficial de segunda e dous peóns.

Teixeiro, 22 de agosto de 2014.

pdfLISTADOS DE PUNTUACIONS DEFINITIVOS E PROPOSTA DE CONTRATACION DEFINITIVA DE CONTRATACION DUN OFICIAL DE SEGUNDA.pdf

pdfLISTADOS DE PUNTUACIONS DEFINITIVOS E PROPOSTAS DE CONTRATACIONS DEFINITIVAS DE DOUS PEONS.pdf

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.