UV BANNER Curtis 2023 web

A agricultura ecolóxica, a cata de viños e a atención psicosocial entre os novos cursos do CIM de Curtis

cursoagriecoO alcalde entregou os diplomas do curso de cuidadores informais

Curtis-Teixeiro, 29 de decembro de 2011.- O centro de información á muller (C.I.M) está a organizar unha serie de cursos de diferentes temáticas que terán lugar a comezos do 2012. Haberá un curso sobre a agricultura ecolóxica, que será os días 18,19 e 20 de xaneiro, de 10:00 a 13:00 e na que se realizará unha visita á Casa Grande de Xanceda pola tarde. Outro curso relacionado coa natureza é o de aplicadora de biocidas fitosanitarios, que durará 20 horas e realizaráse en Curtis e Teixeiro.

Outro curso interesante é o de atención e apoio psicosocial domiciliario, que engloba o módulo formativo 2, necesario para obter o certificado de profesionalidade en atención sociosanitaria. Terá lugar en Teixeiro os luns e os xoves, e a súa duración será de 130 horas. Este ten prazo para inscribirse ata o 16 de xaneiro, cun límite de 20 prazas.

Tamén se vai celebrar un curso para aprender a catar viños durante 4 tardes, e que será impartido pola Escola de Hostalería Álvaro Cunqueiro. Esta mesma Escola será a encargada en impartir o curso de elaboración e conservación de produtos naturais que se celebrará na Illana, en Curtis máis en Teixeiro, durante aproximadamente 12 horas.

Tamén haberá un curso de relaxación e benestar emocional, seguindo técnicas basadas no ioga, ao que haberá que ir con roupa cómoda, cunha esterilla, unha manta e un coxín. Será tódolos xoves a partir do 12 de xaneiro, de 10:30 a 12:30 horas, sendo un total de 16 a 20 horas.

Tódolos cursos son gratuitos e podese inscribir no CIM (Centro de Información ás Mulleres) na Casa do Concello en Teixeiro ou na oficina municipal de Curtis; ou ben a través dun correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou dunha mensaxe no perfil CIM CURTIS de Facebook, enviando o nome do curso, nome e apelidos, dirección e teléfono.

Diplomas

Onte dentro das actividades formativas do CIM, o alcalde de Curtis, Javier Caínzos, entregou os diplomas do curso formativo para coidadoras informais. O curso tivo unha duración de 60 horas, divididas en tres módulos: social, psicolóxico, e de mobilizacións.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.