UV BANNER Curtis 2023 web

Rutas pedestres en Curtis e Teixeiro con 'corapés' para animar á veciñanza a manter unha actividade física saudable

  • Lanza unha campaña para concienciar da necesidade de camiñar de maneira diaria de 20 a 30 minutos.

Imagen CorapieA área de Saúde e Deportes do Concello de Curtis estableceu rutas pedestres saudables, denominadas 'Corapés' para identificalas cos indicadores establecidos, co fin de animar aos veciños e veciñas a manter unha actividade física saudable. Os percorridos, de 6 quilómetros de distancia, transcorren por Curtis e Teixeiro.

As rutas teñen un mesmo punto de saída e de chegada e sucédense polas beirarrúas e as vías marcadas no chan co logotipo creado como indicador, os corapés (pés con forma de corazón), que son os que haberá que seguir.

A área de Deportes trazou os itinerarios tras identificar, mediante unha observación directa, os camiños utilizado de forma habitual polos veciños para camiñar

Esta acción enmárcase na Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no SNS que desenvolve o Concello curtiense co fin de atender as necesidades e demandas dos veciños e crear espazos, tanto cubertos como ao aire libre, onde poidan desenvolver actividades físicas e adoptar hábitos de vida saudable.

Neste sentido, o Concello tamén lanza unha campaña de concienciación sobre a necesidade de camiñar de maneira diaria de 20 a 30 minutos ao día.

  • Diptico coas rutas: pdf

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.