Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis prepara unas xornadas técnicas sobre o cultivo do millo con expertos internacionais

  • Serán o preámbulo da III Poxa de Gando Vacún de Elite

milloO vindeiro sábado 16 de marzo, o Recinto Feiral de Curtis acollerá, como preámbulo á III edición da Poxa de Gando Vacún de Elite do domingo 17, unha Xornada Técnica Monográfica sobre o Cultivo do Millo.

Tanto a colleita como o ensilado do millo representan o maior investimento que realizan ano tras ano as explotacións de gando vacún de leite. Acadar o maior rendemento posÍbel por hectárea cultivada supón optimizar os investimentos e mellorar a marxe de beneficio no leite producido.

A estas xornadas acudirán dous destacados expertos internacionais: Francisco Joaquín Morell Soler, director de agronomía de Du-Pont Pioneer; e co recoñecido consultor Albert Porte-Laborde.

A III edición da Poxa de Elite de Gando Frisón que organiza o Concello de Curtis, é a única deste tipo que se celebra en Galicia para impulsar a calidade xenética das explotacións gandeiras e pór en valor o traballo e o investimento dos titulares.

Expertos:

Francisco Morell Soler é  Biólogo e Enxeñeiro Agrícola, experto en agronomía. Ten unha dilatada experiencia internacional tanto na investigación como na fertilización e aplicación fitosanitaria. Colaborador e investigador asociado co INRA, CSIC e Universidade de Nebraska entre outras, en moi diversos campos, dende a fertilización nitroxenada e dinámica do carbono ata a agricultura de precisión por imaxe satélite. Na actualidade, Francisco Morell desenrola o posto de Director de Agronomía de Du-Pont Pioneer e traballa no desenrolo de ferramentas dixitais e satélites para o asesoramento agronómico.

“Non podemos nin chegar a imaxinar hoxe como vai ser o labor do agricultor dentro dunhas décadas. Estamos xa inmersos nos comezos dunha transformación radical que está chamada a dar un xiro de 180º á maneira de traballar no campo, os seus procesos e a súa relación co entorno. A revolución comezou e xa non hai volta atrás.”

Albert Porte-Laborde, natural da rexión francesa de Bearn, é un dos técnicos de maior proxección e recoñecemento internacional. Enxeñeiro Agrónomo, diplomado en economía e negocios agrícolas, e ligado a Facultade de Pau e a Escola Secundaria Agrícola de Tolouse, foi enxeñeiro de desenrolo do Instituto ARVALIS e da Asociación Xeral de Produtores de Millo de Francia, sendo responsable de estacións de investigación permanente en Montardom e Baziege.

En Arxelia foi responsable da identificación de áreas agrícolas e do desenrolo de áreas de formación no Instituto de Tecnoloxía Agrícola de Mostaganem.

É membro consultor e experto xurídico do Tribunal Internacional de Apelación de Pau para temas agrícolas, peritaxes y litixios. No ano 2007 foi nomeado Cabaleiro da Orden ao Mérito Agrícola polo estado francés. Albert é experto en enfermidades do millo, manexo e arbitraxe de disputas técnicas, manexo de terras, aplicación de fitosanitarios, hidráulica agrícola, equipos agrícolas, pedagoxía agrónoma, contaminación, polución agrícola e biotecnoloxías, así como en regulamentos da PAC e nas normas ambientais para os cultivos do millo.

Na actualidade é consultor independente tanto en Francia como en España, Portugal, Ucraína, Rusia, Chile ou Arxentina.

“Nun mundo de cereais, o millo, cuxo grao é rico en almidón, é un dos principais recursos para os seres humanos, como o arroz e mailo trigo. Se detemos o tempo nesta semente, un mundo enteiro se revela, ao igual que a luz que estala felizmente nos cines. Corenta anos é unha suma de dedicación, para coñecer, comprender, aprender e avanzar na miña especialidade. Por apaixonado, repetín o importador viaxe de Columbus, aprendín a súa cultura, a súa oferta, a súa fertilización e necesidades de rego. Comparei regulamentos e normas. Traballei as formas convencionais, endémicas e tranxénicas, o seu mercado e oportunidades, dende o produtor ao distribuidor. Preséntome aos profesionais para analizar as parcelas, diagnosticar os trastornos do crecemento, reforzar as accións correctivas, formar aos agricultores, asesores e mestres. Levar a debates, foros e feiras os aspectos do millo, a súa cultura, mercado e o seu futuro. Comunico a miña paixón, sei tanto como podo e fareino sempre e cando o meu consello sexa útil.”

As conferencias terán lugar no salón de actos do recinto feiral de Curtis a partir das once da mañá ata as dúas e media da tarde, que se prevé o remate.

A entrada será libre e de balde ata completar o aforo. Para o xantar estará a disposición dos asistentes a xa tradicional nave do polbo.

No recinto feiral se poderán visitar, ademais, distintos stands comerciais así como desfrutar da exposición de gando vacún de elite que será subastado o domingo 17.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.