COMEZO DO CURSO 2º MÓDULO DO CERTIFICADO PROFESIONAL DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA
Onte comezou para unha veintena de mulleres, o segundo módulo do certificado profesional de atención sociosanitaria: atención e apoio psicosocial domiciliario, organizado polo C.I.M de Curtis.
Este curso realízase na Biblioteca Municipal de Teixeiro e rematará aproximadamente a finais de maio, xa que consta de 138 horas, que estarán repartidas en diferentes temarios nos que as mulleres aprenderán a realizar actividades de estimulación cognitiva, a mellorar as tarefas cotiás dos nosos maiores... entre outras cousas.