Ampliación e mellora do camiño de acceso aos lugares de Cabana e Padreiro (Fisteus)
O Concello está realizando a obra de "Ampliación e mellora do camiño de acceso aos lugares de Cabana e Padreiro (Fisteus)".
Coa execución desta obra mellorarase o pavimento existente neste camiño, mediante o estendido dunha nova capa de rodadura, e ampliase a calzada existente ata un ancho medio de 5 metros rematando cunha nova capa de rodadura cunha mezcla bituminosa en quente e pintado das marcas viarias necesarias.
Tamén se inclúe a limpeza e reperfilado de cunetas e ampliación das tajeas existentes, con reposición de salvacunetas.
Esta obra atópase subvencionada ao abeiro do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
O importe total do proxecto ascende a 57.223,32 € e o importe da subvención é o de 47.292,00 €.