Servizo Atención Temperá
- QUE É O SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ?
Conxunto de intervencións dirixidas á población infantil de 0 a 6 anos, á su familia e ao seu entorno. O obxectivo é darlles resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.
- QUEN PODE ACCEDER?
A poboación infantil de 0 a 6 anos e as súa familia empadroados nos concellos de Curtis, Aranga, Sobrado, Coirós e Boimorto.
- QUEN PRESTA ESTE SERVIZO?
Un equipo profesional específico conformado por unha psicóloga, logopeda e terapeuta ocupacional.
- TEN ALGÚN CUSTO?
Non, é totalmente gratuíto.
- ONDE SE PRESTA ESTE SERVIZO?
No Centro de Ocio do Colexio do CEIP de Curtis e Centro de Ocio do CEIP de Teixeiro.
- COMO PODO SOLICITALA?
As familias interesadas en acceder á citada atención poden dirixirse a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou chamando a 686092191 (Curtis) 682021488 (Teixeiro)