Numeracion Curtis logos

Apertura piscinas municipais Curtis e Teixeiro o vindeiro 23 de xuño

As piscinas municipais de Curtis e Teixeiro abrirán as súas portas o vindeiro mércores 23 de xuño. 

A área de Deportes do concello de Curtis vén de anunciar a apertura das piscinas municipais de Curtis e Teixeiro para o vindeiro mércores 23 de xuño en horario provisional de 14:00 a 20:00h e cun aforo limitado a 70 persoas por instalación.

Dende Deportes recórdase que as piscinas municipais de ámbas localidades estarán abertas de forma gratuíta para a poboación en xeral.

Tamén se recorda que na entrada e saída da instalación será obrigatorio a utilización de xel hidroalcholico e desinfección do calzado.

Ademais o uso da máscara será obrigatorio exceptuando o momento do baño ou mentres se permaneza nun espazo determinado sen desprazarse e sempre que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal.

Consulta as normas básicas do uso da instalación: NORMAS_PISCINA_2021_2.pdf

Consulta a normativa da piscina: NORMATIVA_PISCINA_PROTOCOLO_COVID_2021.pdf

Apertura piscinas municipais Curtis e Teixeiro

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.