Curso as técnicas de muxido, alimentación e benestar social como factores determinantes na calidade do leite
A Área de Servizos Agrarios de Ferrol-Betanzos da Consellería de Medio Rural, en colaboración co Concello de Curtis organiza un curso dirixido ás persoas vinculadas profesionalmente co sector de vacún de leite para reforzar a súa formación e coñecementos técnicos de cara a mellorar a calidade do leite.
O curso está previsto realizarse os días 5,6 e 7 de outubro de 2021 en horario de mañá e de tarde: de 11:00 a 13:00 e de 15:30 a 17:30 horas no Salón Multiusos do Recinto Feiral de Curtis.
Podes consultar aquí o cartel: Formación.pdf