Persiste a situación de auga non potable no Concello de Curtis
ÚLTIMA HORA - AUGA NON POTABLE:
Curtis-Teixeiro, 4 de outubro de 2021-. Os arrastres do vertido de purín provocados polas fortes choivas do fin de semana veñen de ralentizar a esperada melloría nos parámetros da auga tratada.
Polo que, mentres non se poida garantizar totalmente a potabilidade da auga suministrada, manterase a prohibición do seu uso para o consumo humano e a súa condición de NON POTABLE.
Máxima preocupación dende o Concello de Curtis tras os resultados das mostras e pola situación persistente sendo hoxe o quinto día consecutivo sen suministro de auga potable.
O concello xa iniciou un expediente para solicitar responsabilidades polo vertido e que será remitido aos órganos competentes para que se tomen as medidas oportunas en base á lexislación vixente.
