Xornada formativa - Punto limpo móbil
Os Concellos de Boimorto, Curtis, Sobrado e Vilasantar, poñen en marcha unha iniciativa innovadora, un punto móbil itinerante que permite desfacerse daqueles residuos que, pola súa natureza, quedan fóra dos colectores de lixo habituais (orgánicos, envases, papel ou vidro) permitindo á veciñanza reciclar, de xeito totalmente gratuíto, diferentes tipos de residuos dun xeito eficiente e seguro, evitando así que teñan que desprazarse pola súa conta ás instalacións do punto limpo fixo.
Entre os residuos que se poderán desbotar atopamos aceite usado, lámpadas e fluorescentes, baterías e pilas usadas, mobles, metais, electrodomésticos e aparellos eléctricos, roupa e calzado, cartuchos de impresoras, equipos informáticos, aerosois,...
Máis información: diptico_punto_limpo_mobil.pdf