CAMPAMENTO DE NADAL 2021
O Concello de Curtis abre o prazo de inscrición para os Campamentos Urbanos de Nadal en Curtis e Teixeiro, que se organizarán do 22 de decembro ata o 5 de xaneiro co fin de apoiar á conciliación familiar.
Os horarios serán de 8:00 h a 14.00 h e o prazo de inscrición remata o 17 de decembro.
O formato será similar aos campamentos de verán e o programa inclúe, entre outras actividades xogos, manualidades, deportes…
O número de prazas é limitado e terán prioridade os empadroados.
A idade mínima para participar é de 3 anos.
Para inscribirse haberá que entregar cuberta esta ficha por neno ou achegarse á oficina municipal de Curtis ou Teixeiro: Diptico_nadal_2021_Curtis-Teixeiro.pdf
O prezo estableceuse en 15,51 euros por asistente.
-
Entidade bancaria: Abanca
-
Nº cuenta: ES47 2080 0081 1831 1000 0048
-
Concepto: Campamentos Urbanos