O sector lácteo do Concello de Curtis está de noraboa: a Queixería Queinaga e a explotación Gandeira Sinesio galardoadas
O Pazo de Quián, en Sergude, no concello coruñés de Boqueixón, acolleu o venres 17 a entrega dos premios da XXIV Cata dos Queixos e da XX Cata dos Meles de Galicia, organizadas pola Consellería de Medio Rural en colaboración coa indicación xeográfica protexida Mel de Galicia e as catro denominacións queixeiras.
Nesta edición do certame presentáronse 51 mostras de 30 queixerías e outros 43 rexistros de 25 industrias de mel galego.Na XXIV Cata de Queixos, os premiados Na categoría de Queixo Tetilla Queinaga logrou o ouro!
Por outra banda, A Xunta distinguiu o pasado xoves cos premios Exceleite ás 20 explotacións que entregaron o leite co menor reconto bacteriolóxico e células somáticas no último ano, segundo as analíticas do Ligal que avalan a excelencia hixiénico-sanitaria dos produtores de leite cru de vaca da comunidade. A Gandeiría Sinesio, sita en Gorxá acadou a prata nestes premios Exceleite 2021.
Noraboa a ambos pola gran labor!

