UV BANNER Curtis 2023 web

Abre o prazo de matrícula na Escola Infantil de Curtis

O 12 de Xuño, abre o prazo de matrícula na Escola Infantil de Curtis.

Todas aquelas crianzas que foron admitidas nas listaxes definitivas que saíron hoxe publicadas, deberán traer a seguinte documentación para formalizala matrícula:

- Documento de aceptación da matrícula.

- Certificado médico do neno/a.

- Fotocopia cotexada da Tarxeta Sanitaria ou documento equivalente.

- 6 fotografías tamaño carné.

- Impreso de domiciliación bancaria e certificado da entidade de titularidade da conta.

- Impreso de solicitude de horario.

- Autorización por escrito dos pais/nais ou titores/as do neno/a para ser recollido/a na escola por unha terceira persoa.

- Autorización de saídas didácticas.

- Autorización por escrito dos pais/nais ou titores/as da nena/o para a realización de reportaxes visuais ou fotográficos.

- Autorización para a administración de medicamentos.

Poderán realizar a matrícula tanto en Curtis coma en Teixeiro, ata o día 30 de Xuño, data na que se pecha o prazo. Aquelas crianzas que nese período non se matriculen perderán a praza obtida.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.