O comercio de Curtis dalle a benvida á primavera con premios, moda, ocio e moitas sorpresas
A Asociación de Comerciantes de Curtis vén de presentar a campaña "Fai florecer o teu pobo", unha iniciativa na que colabora o Concello de Curtis e coa que se pretende impulsar o comercio local nunha festiva xornada na que se lle dará a benvida á primavera.
O vindeiro sábado 30 de abril a partir das 10:30 horas as rúas da Avenida Principal de
Curtis encheranse de premios, moda, ocio e sorpresas. Colocarase un posto no que se
repartirán centenares de premios para aqueles que fixeran as súas compras de
importe igual ou superior a 10€ nos comercios adheridos entre días 25 e 30 de abril.
A guinda do pastel poñerase a través da personal shopper Lara Bal (@bajominubegris)
quen a través dun taller gratuíto aconsellará sobre as principais tendencias. Ademais
haberá photocall con premio para a fotografía con máis "me gusta" tanto en Facebook
en Instagram.