APOSTA POLAS INFRAESTRUTURAS DEPORTIVAS EN CURTIS CUN IMPORTE DE 85.331,29 EUROS
O Concello de Curtis segue a realizar importantes inversións nas instalacións deportivas do municipio. Xa no ano 2020 instauráronse as cubertas da primeira pista de pádel de Curtis e da de Teixeiro cun importe total de 96.000 euros. Posteriormente, no 2021 realizouse o peche perimetral das mesmas cun importe total de 27.944 euros.
Hoxe véñense de rematar as obras da cuberta da segunda pista de pádel, unha cuberta metálica que permitirá practicar o pádel durante todo o ano do mesmo xeito que na pista anexa.
Ademais, acondiciounouse o pavimento do entorno nas dúas pistas de Curtis instalando céspede cunha base de área.
As obras en infraestruturas deportivas continúan coa instalación dunha nova pista de pádel en Teixeiro cun custo de 119.918 euros.
En total, adicáronse 329.193 euros a estas obras e instalación deportivas que serven para seguir impulsando o deporte no municipio.