Numeracion Curtis logos

ACTIVIDADES MUNICIPAIS

O Concello de Curtis oferta 20 actividades culturais e deportivas.
 
 Na súa aposta polo deporte e as actividades saudables o Concello de Curtis, a través das áreas de Saúde, Xuventude, Benestar Social, Educación e Cultura preséntanse as actividades municipais 2022/2023.
 
Neste novo curso preséntase como novidades as actividades de cestería e padel.
Ademais o programa, que arranca o 3 de outubro, inclúe as xa habituais actividades de fútbol sala, patinaxe, ximnasia artística, pilates, mantemento integral de adultos e maiores, obradoiros de memoria, inglés,informática... entre outros.
 
As clases impartiranse en Curtis e Teixeiro pero tamén haberá sesións no rural (Foxado, Paradela, Santaia, A Illana e San Roque de Xabriño).
 
O prazo de inscrición xa está aberto e poderase formalizar a matrícula ata o día 23 de setembro nas oficinas municipais de Curtis ou na Casa do Concello en Teixeiro.

PREME NA LIGAZÓN: TRIPTICOS_ACTIVIDADES_CONCELLO_DE_CURTIS_2022-2023.pdf

actividades

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.