REMATADAS AS DÚAS PRIMEIRAS FASES DO PROXECTO DE TRANSFORMACIÓN DIXITAL DE CURTIS.
O proxecto de Transformación Dixital polo que foi subvencionado o Concello de Curtis con 16.187,70 euros, pola Medida Leader Galicia 2021-2022, rematou as dúas primeiras fases que corresponden coa creación da numeración dixital, para poder levar a cabo unha identificación dixital inequívoca de todas as edificacións existentes e o subministro da plataforma, sistema de xestión dixital dos datos municipais.
O proxecto que finalizará a mediados de outubro de este ano supuxo, entre outras vantaxes, a incorporación das TIC na xestión e o tratamento dos datos municipais, a actualización da numeración municipal e rematará coa subministración de rótulos a toda la veciñanza.