Numeracion Curtis logos

DesTAPAte: a ruta gastronómica para disfrutar do queixo e da nabiza en 21 locais de hostelería do Concello de Curtis nesta ponte da constitución

Curtis-Teixeiro, 2 de decembro de 2022-. Mezclada con manzanilla, protexe do mal de ollo;
macerando o nabo con azucre, cura os catarros; frotando as súas follas contra a pel, fai desaparecer as verrugas; colocándoa sobre as feridas, coagula a sangue... a sabiduría popular confire moitas propiedades á nabiza, pero a súa función máis extendida é combatir o frío inxerindo o seus saboroso caldo. Con este remedio gastronómico para o frío e xunto co queixo de Curtis con denominación de orixe Arzúa-Ulloa formarán un total de 21 locais do Concello de Curtis as tapas e menús da ruta desTAPAte.

Unha ruta organizada pola Área de Promoción Económica do Concello de Curtis que ten como
obxectivo ensalzar dous dos produtos típicos da zona e darlle un impulso á hostelería do municipio nesta ponte da Constitución.

A ruta comezará este sábado día 3 de decembro e rematará o día 6. Os locais repartirán con cada consumición tapas ou menús elaborados con queixo ou nabizas. Esta homenaxe consolídase como unha das citas gastronómicas máis coñecidas na comarca.

Este ano as tapas máis ofrecidas polos locais son o cocido e o caldo de nabizas xunto co queixo con marmelo. 

CONSULTA TODAS AS TAPAS E MENÚS AQUÍ: diptico_TAPAS_CONCELLO_DE_CURTIS_2022_2.pdf

*Na imaxe os concelleiros de Promoción Económica, José Barral e Xuventude e Voluntariado, Carmen Cernadas.

ruta desTAPAte

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.