No primeiro semestre do 2023 realizaranse dúas obras de pavimentacion en Teixeiro cunha inversión de 134.587,82 euros
Curtis-Teixeiro, 26 de decembro de 2022-. A primeira obra levarase a cabo na contorna do Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro. O motivo desta obra débese a que na actualidade non existe acceso lateral ao Edificio de Usos Múltiples, senon que só dende a Avd de Bos Aires e
con insuficiente zona de aparcamentos ademais a explanada de acceso presenta firme ordinario.
Polo tanto, realizarase a pavimentación con firmas flexibles de acceso lateral, con entrada dende a Avda de Bos Aires e saída pola rúa Carregal, acondicionandose tamén a zona específica para o aparcamento de vehículos.
En concreto aplicarase riego con gravilla, capa de rodadura con MBC, rede de recollida de augas pluviais e sinalización con pintura vial. O obra terá un custe de 73.188,11 euros.
A segunda das obras comprende a mellora de diferentes rúas de Teixeiro: reforzo do firme de calzada existente nas rúas Antón de Pepiño, Sánchez Bugallo e Travesía cun importe total de 61.399,71 euros.
Nas rúas Antón de Pepiño e Sánchez Bugallo realizarase o selado de fisuras, saneos con MBC, aplicación riego de imprimación e sinalización horizontal con pintural vial. En Travesía instalaranse tres puntos de luz, aplicación de riego de imprimación e sinalización horizontal con puntural vial.
Contorna Edifico Usos Múltiples Teixeiro
Rúa Antonio de Pepiño
Travesía Antón de Pepiño