I Xornada Interxeneracional
O pasado 27 de xullo celebrouse en Teixeiro a I Xornada Interxeneracional, que forma parte do proxecto 1.3 de Democracia Participativa: "Diálogo interxeneracional: + participación, + democracia".
Nesta xornada trataronse os temas de saúde, emprego e novas tecnoloxías nun pleno simulado, onde trece participantes debatiron pola mañá o que significaba ser maior e xoven e que se podería facer parar mellorar as relacións entre ambas xeracións, a creación de novas actividades...entre outras cousas.
Pola tarde houbo intercambio de coñecementos, onde os maiores nos ensinaron a facer comida da de antes e tamén nos comentaron coma se moceaba antigamente; os xovenes ensinaron a coma sacar unha foto con unha cámara dixital e a como usar o teléfono móvil: mandar unha mensaxe, gardar contactos na axenda....
Ao final da xornada, comeronse as filloas que fixeron os xóvenes seguindo as instruccións dos maiores.