O Concello de Curtis licita a renovación de mobiliario e pavimento para os parques infantís cun orzamento se 137.118,62 euros
O Concello de Curtis saca a concurso a renovación de mobiliario e pavimentación para os parques infantís do municipio, cun orzamento de licitación de 137,118,62 euros.
O executivo explicou que as reformas destes espazos, moi empregados polos veciños, fanse necesarias dado o deterioro dos elementos de xogo polo paso do tempo.
Renovaranse a pavimentación nas áreas de xogo e instalaranse novos elementos (gran estructura castillo Lancelot, 3D swing, xiratorio Twist,Tormes asento Plano, entre outros).
As empresas interesadas disporán ata o día 15 de xuño ás 23.59 horas para presentar as súas ofertas.