EXCURSIÓN EXPOSICIÓN PABLO PICASSO
A área de Igualdade do Concello de Curtis, a través do Centro de Información á Muller (CIM) organiza unha excursión á Exposición de Pablo Picasso que se encontra no Museo de Belas Artes de A Coruña. A excursión é dirixida a mulleres.
O horario de saída do autobús dende a Casa do Concello en Teixeiro é ás 15:45 horas e o de Curtis (saída dende as oficinas municipais do Recinto Feiral) ás 16:00 horas.
A inscrición é imprescindible e debe realizarse chamando ao 981 777 105 ou no 981 789 003 ANTES DO 16 DE XUÑO.